Manuel Remuiñán Cancela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1940 (83/84 anos) Verdes, España |
Alcalde de Coristanco | |
marzo de 1973 – 1991 ← José Pichel Calvelo – Antonio Pensado Plágaro → | |
Actividade | |
Ocupación | político, traumatólogo |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia Unión de Centro Democrático |
Manuel Remuiñán Cancela, nado en Verdes (Coristanco) en 1940,[1] é un médico e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Traumatólogo, exerceu no Hospital Juan Canalejo da Coruña. En marzo de 1973 foi nomeado alcalde de Coristanco. Presentouse ás eleccións municipais de 1979 por UCD e logrou a alcaldía cunha ampla maioría absoluta de 15 dos 17 concelleiros. Nas municipais de 1983 encabezou Coalición Popular e revalidou a alcaldía cunha maioría absoluta de 12 concelleiros. Encabezou a CPG nas municipais de 1987 e foi reelixido de novo cunha maioría de 13 edís. Durante esta etapa púxose en marcha a Festa da Pataca.
Dende 1979 foi tamén deputado na Deputación da Coruña. Nesta institución apoiou unha moción de censura do socialista Salvador Fernández Moreda contra o popular José Manuel Romay Beccaría en xuño de 1989. Esta situación chégase despois de que o PSdeG fose o máis votado e chegase a un acordo de goberno coa CPG e que finalmente este grupo optase por pactar a última hora con AP. Esta situación supuxo unha enorme división dentro da coalición que se foi acrecentando no tempo e que estalou coa moción de censura, a cal apoiarían 3 dos seus 5 deputados. Esta circunstancia supuxo que varios edís da CPG en Coristanco mostrasen a súa oposición ó apoio de Remuiñán á moción e que, encabezados por Antonio Pensado Plágaro, 4 deles pasasen a formar parte do comité local do PPdeG en setembro de 1989.[2] Aínda así, varios deses edís apoiaran unha moción de confianza do alcalde o anterior 12 de agosto, que dentro da CPG tan só rexeitara Pensado.[3]
Nesta circunstancia, foi candidato do PSdeG-PSOE nas municipais de 1991, mentres que o seu excompañeiro Antonio Pensado encabezou o PPdeG. Finalmente foi superado por Pensado, que logrou 8 edís fronte a 7 seus, polo que este foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada. Neste mandato volveu ser deputado provincial, volvendo a ser Salvador Fernández Moreda presidente con maioría absoluta. Nas municipais de 1995 encabezou outra vez a lista socialista pero, pese a incrementalos seus apoios, non consigueu recuperala alcaldía dado que o PPdeG logrou a maioría absoluta. Nas Eleccións ao Parlamento de Galicia de 1997 foi candidato número 12 dos socialistas pola Coruña, se ben non resultou elixido. Nas municipais de 1999 encabezou de novo o PSdeG pero empeorou os seus resultados, co que os populares ampliaron aínda máis a súa maioría, ante o cal decidiu non tomar posesión como edil e retirarse da primeira liña política, quedando como militante de base socialista.[4] Foi substituído na portavocía pola súa número 2 Carmen Villar Cotelo.
Predecesor: José Pichel Calvelo |
Alcalde de Coristanco 1973 - 1991 |
Sucesor: Antonio Pensado Plágaro |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Alcaldes de Coristanco
- Alcaldes de Galicia pola UCD
- Alcaldes de Galicia por AP
- Alcaldes de Galicia por Coalición Progresista Galega
- Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición
- Deputados provinciais da Coruña
- Nados en Coristanco
- Nados en 1940